5 erros comúns ao crear unha marca e cómo evitalos
Se estás pensando en crear unha marca e o primeiro que fixeches foi escoller un logo bonito en Canva… detente! Respira fondo, solta ese ratón e escoita con atención. 😆 Crear unha marca non é só poñerlle un nome chulo e un debuxo mono, é moito máis: é construír unha identidade que comunique, impacte e conecte co teu público.
Se algunha vez pensaches “uff, a miña marca non ten moita personalidade” ou “creo que algo non encaixa pero non sei o que é”, non te preocupes, pásalle a máis xente do que cres. O problema? Algún destes erros pode estar xogándoche unha mala pasada. Pero tranquilidade! Que para iso estou aquí, para contarchos e, por suposto, axudarte a solucionalos. Aquí van os cinco erros máis comúns ao crear unha marca e como podes evitalos:
1️⃣ Non definir un propósito claro
Unha marca sen propósito é como un café sen cafeína: pode parecer que funciona, pero non ten sustancia. Se non tes claro o que queres transmitir, a túa marca acabará sendo unha máis do montón.
💡 Solución: Antes de poñerte a escoller cores e tipografías, reflexiona: que queres que a túa marca represente? Que valores son irrenunciables para ti? Unha marca con propósito non só atrae clientes, senón que crea conexións reais.
2️⃣ Non coñecer ao teu cliente ideal
Imos ver, se lle falas a todo o mundo, en realidade non lle falas a ninguén. Quen é o teu cliente? Non vale dicir “todo aquel que queira comprarme”, porque nin ti mesmo/a compras cousas ao azar.
💡 Solución: Investiga, analiza e define. O teu cliente ideal é esa persoa que realmente valora o que fas. Como fala? Que lle interesa? Que emocións quere sentir cando interactúa coa túa marca? Se logras conectar con el/ela, terás moito camiño gañado.
3️⃣ Inconsistencia visual e verbal
Se a túa web parece unha cousa, as túas redes sociais outra e os teus correos electrónicos unha terceira… temos un problema, Houston. A falta de coherencia fai que a túa marca sexa esquecible e pouco fiable.
💡 Solución: A coherencia é clave. A miña filosofía de traballo baséase en crear marcas con personalidade e cohesión, para que todo teña sentido e cada detalle sume á percepción da túa identidade.
4️⃣ Non diferenciarse da competencia
Se a túa marca parece unha copia doutra ou simplemente non destaca, como esperas que te recorden? O mercado está cheo de opcións e, se non mostras o teu valor diferencial, é probable que pases desapercibido/a.
💡 Solución: Aquí é onde entro eu, con lupa na man, para atopar esa chispa que fai que o teu proxecto sexa especial e convertela no centro da túa identidade. Porque non se trata de ser “un máis”, senón de ser “O” que destaca.
5️⃣ Non investir en branding profesional
Moita xente pensa que o deseño gráfico é algo secundario, pero, se así fose, as grandes marcas non investirían millóns en identidade visual. Un deseño mal feito pode afastar clientes antes de que sequera cheguen a coñecer o teu produto ou servizo.
💡 Solución: Un branding ben feito é unha inversión, non un gasto. Traballo con cerebro e corazón para que a túa marca non só sexa bonita, senón que conte unha historia, emocione e deixe pegada. E si, tamén para evitar que acabes cun logo feito no Paint. 😜
🔥 A TÚA MARCA MERECE SER IMPACTANTE E MEMORABLE 🔥
Se estás a piques de lanzar o teu proxecto ou sentes que a túa marca actual non transmite o que realmente queres, estou aquí para axudarte. O meu obxectivo é convertir a túa visión en realidade, con deseños que conecten e branding que conte unha historia auténtica.
💡 Escríbeme e imos construír xuntos unha identidade sólida, coherente e inesquecible. 🚀