feito a man

Cada bolsa de tea que sae do meu pequeno obradoiro leva un anaco de min. Non hai dúas iguais, porque así é o feito a man: imperfectamente perfecto. Cando a levas, non só portas unha peza única, senón un fragmento do rural, da creatividade que nace entre regatos e campiñas, do tempo ben vivido.

ESTAMPACIÓN

Todo comeza cunha idea debuxada a man, cunha plantilla feita con paciencia, coa precisión que só permiten as mans e o amor polo oficio. Logo, a tinta —esa que ten o arrecendo das cousas auténticas— impregna o tecido, paso a paso, golpe a golpe, con coidado e paixón.

mERCAR FEITO A MAN | MERCAR FEITO A MAN |

FAI O TEU PEDIDO DE ARTE ANDANTE NESTE FORMULARIO. 

 É o meu deseño viaxando contigo.

Benvida ao mundo de Ola Caracola. Aquí todo está feito co corazón.

Revisaremos a túa petición e porémonos en contacto contigo nos datos facilitados. Moitas gracias por confiar en Olacaracola para a túa saca! 

×

Ola Caracola!

Estou para axudarche! Cóntame a túa idea e dámoslle forma :)

× Ola Caracola! Precisas axuda? :)